CONCERTOS, VISITAS GUIADAS E HORARIO ESPECIAL EN TORNO A "O PRIMEIRO PICASSO" CON MOTIVO DA NOITE DOS MUSEOS E O DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
 
 Belas Artes organiza para o próximo fin de semana actividades especiais 
Con motivo da Noite dos Museos, do Día Internacional dos Museos e da exposición "O primeiro Picasso. A Coruña 2015", o Museo de Belas Artes da Coruña organiza actividades extraordinarias, consistentes nunha programación especial os días 15, 16 e 17 de maio.
 
 PROGRAMA DE ACTIVIDADES 
 
Venres 15 de maio
 
 - Concerto de Xoel López  
Auditorio do Museo de Belas Artes. 20.30 horas (apertura de portas: 20 horas).
Entrada con convite (sortéanse no Facebook del Museo de Belas Artes e en emisoras de raio locais). Aforamento limitado: non se garante asento.
O artista, que en 2013 recibiu o premio ao mellor artista indie polo seu disco Atlántico, regresa á súa cidade natal en solitario e en formato acústico. Avanzará cancións do seu próximo traballo, Paramales, que se publicará o 26 de maio.
 
Sábado 16 de maio
 
 -Horario especial de apertura: de 20 a 24 horas 
O Museo de Belas Artes abrirá as súas portas ata as 24 horas, en lugar de pechalas ás 20, como é habitual. Deste modo, o horario do sábado 16 de maio será de 10 a 14 e de 16.30 a 24 horas.
 
-Visitas guiadas gratuítas a "O primeiro Picasso. A Coruña 2015"   
Programáronse tres visitas guiadas gratuítas con carácter extraordinario á exposición "O primeiro Picasso. A Coruña 2015", cada unha delas para un máximo de 25 persoas, nos seguintes horarios: 19.30, 20.30 y 21.30.
 
Para estas visitas requírese anotación previa (máximo dúas persoas por chamada) que se abre o luns 11 de maio en:
 
Teléfono: 881 881 700 (de luns a venres, de 10 a 14 horas)
 
 - Concerto de jazz: Roberto Somoza Trío
Auditorio do Museo de Belas Artes. 22.30 horas. Entrada gratuíta ata completar aforamento. 
Roberto Somoza presenta a súa proposta jazzística acompañado por Naíma Acuña (batería) e Alex Salgueiro (órgano Hammond). O cambo interpretará temas de Cal e Area, un disco gravado o pasado ano, no que rende homenaxe ao mítico músico de Betanzos Antonio Cal, e que está baseado no jazz tradicional e os estilos máis representativos deste estilo musical.
 
Domingo 17 de maio
Con motivo da celebración do Día Internacional dos Museos organízanse as seguintes actividades:
 
- Visita guiada gratuíta a "O primeiro Picasso. A Coruña 2015" 
 
Visita guiada gratuíta á exposición "O primeiro Picasso. A Coruña 2015", para un máximo de 25 persoas, ás 12.30.
 
Para esta visita requírese anotación previa (máximo dúas persoas por chamada) que se abre o luns 11 de maio en:
 
Teléfono: 881 881 700 (de luns a venres, de 10 a 14 horas)
 
- Obradoiro "Picasso en familia"   
 
Unha divertida proposta para toda a familia, para achegarse ao neno Pablo e á Coruña á que chega a finais do século XIX a través do xogo e o diálogo coas obras, abordando o seu gran paisión: o debuxo e a pintura. Actividade dirixida a nenos e nenas de entre 5 e 12 anos, acompañados por un adulto.
 
Para esta visita requírese anotación previa (máximo dous nenos por chamada) que se abre o luns 11 de maio en:
 
Teléfono: 881 881 700 (de luns a venres, de 10 a 14 horas)