Picasso. La muchacha de los pies descalzos. Musée Picasso,París. © Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2015. © RMN-Grand Palais / Mathieu Rabeau / Adrien Didierjean

 

 

BIOGRAFÍA
OS SEUS MESTRES
A CORUÑA 1891–1895
A CORUÑA HOXE

 

OS SEUS MESTRES

 

José Ruiz Blasco Román Navarro García de Vinuesa Isidoro Brocos Antonio Amorós y Botella

 

Antonio Amorós y Botella (Alicante, 1849-Madrid, 1925)
Pintor de paisaxes e naturezas mortas, destacou no xénero dos bodegóns de floreiros, grazas ao seu dominio da cor e da composición. Pensionado pola Deputación de Málaga, estudou na Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid e no Museo del Prado, onde se dedicou a copiar os mestres, un procedemento de aprendizaxe habitual na época. Tamén obtivo unha pensión da Deputación de Alacante para ampliar a súa formación en Italia.

Non chegou a destacar como pintor, se ben participou en diversas exposicións nacionais e obtivo algúns premios. Dedicouse sobre todo á actividade docente.

Entre 1892 e 1897 foi profesor na Escola de Belas Artes da Coruña, onde tivo como alumno a Picasso. Despois exerceu a docencia noutras cidades, como Manila, daquela española, Madrid, Logroño, Toledo e Alxeciras.

En 1924 dedicóuselle unha retrospectiva en Alacante, a súa cidade natal.