Picasso. La muchacha de los pies descalzos. Musée Picasso,París. © Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2015. © RMN-Grand Palais / Mathieu Rabeau / Adrien Didierjean

 

 

BIOGRAFÍA
OS SEUS MESTRES
A CORUÑA 1891–1895
A CORUÑA HOXE

 

OS SEUS MESTRES

 

José Ruiz Blasco Román Navarro García de Vinuesa Isidoro Brocos Antonio Amorós y Botella

 

José Ruiz Blasco (Málaga, 1838-Barcelona, 1913)
José Ruiz Blasco, pai de Pablo Picasso, desenvolveu unha longa carreira como profesor de pintura e como pintor. Especializouse no xénero dos animais, en particular as pombas, que era afeccionado a criar, e ás naturezas mortas. Aínda que obtivo algúns premios, nunca chegou a conseguir un recoñecemento xeneralizado entre contemporáneos.

A súa primeira formación artística recibiuna no instituto de Málaga co pintor José García Chicano. Despois continuou os seus estudos na Escuela Provincial de Bellas Artes de Málaga, onde máis adiante sería profesor de debuxo. Tamén en Málaga, ocupou o posto de conservador e restaurador no Museo Municipal. A escasa remuneración que recibía polo seu traballo levouno a solicitar o traslado, na procura de mellores condicións. En 1891 logrou por fin un posto na recentemente aberta Escola de Belas Artes da Coruña e trasladouse a esta cidade coa súa familia. Residirían aquí ata 1895, ano en que José Ruiz decidiu permutar a súa praza coa que ocupaba o coruñés Román Navarro na Llotja de Barcelona.

José Ruiz era consciente do talento do seu fillo Pablo e desempeñou un importante papel na súa educación artística, requirindo a súa colaboración para completar as súas propias obras e coidando que recibise unha sólida formación académica.