Picasso. La muchacha de los pies descalzos. Musée Picasso,París. © Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2015. © RMN-Grand Palais / Mathieu Rabeau / Adrien Didierjean

 

 

BIOGRAFÍA
OS SEUS MESTRES
A CORUÑA 1891–1895
A CORUÑA HOXE

 

OS SEUS MESTRES

 

José Ruiz Blasco Román Navarro García de Vinuesa Isidoro Brocos Antonio Amorós y Botella

 

Román Navarro García de Vinuesa (A Coruña, 1854-1928)
Ao longo de toda a súa vida compaxinou a súa profesión militar —alcanzou o rango de tenente coronel— coa dedicación á pintura. Cultivou varios xéneros, pero destacou sobre todo como retratista e como pintor de escenas populares e de temas militares. Nas obras de asunto militar, con frecuencia concede un papel protagonista aos cabalos, que representa con gran mestría. Son numerosos os seus retratos de persoas pertencentes á burguesía da Coruña, cidade á que sempre permaneceu moi vinculado. Ofrecéuselle o posto de profesor de debuxo de Afonso XIII, que rexeitou alegando razóns persoais.

A súa obra foi recoñecida con diversas medallas e premios. Estudou na Escola de Artes e Oficios da Coruña e na Escola de Belas Artes de San Fernando de Madrid. Grazas a unha bolsa do Concello da Coruña, completou a súa formación en Italia, Francia e Países Baixos. Ao seu regreso a España, traballou na Escola de Belas Artes da Coruña e desde 1892, como axudante de José Ruiz. Decontado obtivo unha cátedra de debuxo na Llotja de Barcelona, un posto moito máis prestixioso que o da Coruña; no entanto, permaneceu alí apenas uns meses e intercambiou a súa praza coa de José Ruiz para poder regresar á súa cidade natal. Aquí instalou o seu estudio na céntrica rúa de Sánchez Bregua.

Ademais de Picasso, tivo entre os seus discípulos pintores tan destacados como Arturo Souto, Francisco Llorens, Joaquín Vaamonde ou Luis Mosquera. A súa influencia no mozo Picasso é patente na obra deste último Modesto Castilla vestido de mouro.

Son obra súa as pinturas que decoran os teitos do salón de actos da Escola de Belas Artes da Coruña, actual Instituto Eusebio da Guarda.