Picasso. La muchacha de los pies descalzos. Musée Picasso,París. © Sucesión Pablo Picasso, VEGAP, Madrid, 2015. © RMN-Grand Palais / Mathieu Rabeau / Adrien Didierjean

 

 

BIOGRAFÍA
OS SEUS MESTRES
A CORUÑA 1891–1895
A CORUÑA HOXE

 

OS SEUS MESTRES

 

José Ruiz Blasco Román Navarro García de Vinuesa Isidoro Brocos Antonio Amorós y Botella

 

Isidoro Brocos (Santiago de Compostela, 1841-1914)
Escultor, gravador e debuxante. Procedía dunha familia con inclinacións artísticas, varios de cuxos membros se dedicaron ás artes plásticas e á música. Foi un destacado tallista tanto de temas populares, de corte rexionalista, como relixiosos. Na igrexa de San Andrés poden contemplarse sete esculturas da súa autoría. Foi, así mesmo, un extraordinario debuxante de estilo academicista e realizou numerosos gravados para relevantes publicacións da época, como La Ilustración Gallega y Asturiana, dirixida por Manuel Murguía.

Foi académico correspondente da Academia de Bellas Artes de San Fernando e recibiu diversas medallas e recoñecementos. Algunhas das súas obras foron adquiridas polo rei Afonso XIII.

Compaxinou o seu labor de creación artística cunha dilatada actividade docente. Foi profesor na Escola de Artes e Oficios e nesta cidade montou tamén un obradoiro de escultura. En 1891 obtivo a praza de catedrático de Modelado e Baleirado de Adorno na Escola de Belas Artes da Coruña, onde tivo como alumno a Picasso. Na súa madurez, o malagueño lembraría a Brocos como un profesor excepcional. Consérvase un retrato de Brocos debuxado por Picasso.

Brocos iniciara os seus estudos na Academia de Debuxo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela, ampliou a súa formación na Escuela de San Fernando de Madrid e en viaxes a Italia e Francia. En París coñeceu de primeira man o impresionismo e interesouse polas innovacións técnicas e estéticas que estaban introducindo os pintores franceses.

Brocos, que exerceu unha notable influencia sobre Picasso, sería presuntamente o primeiro en mostrarlle as novas tendencias, afastadas do academicismo, que coñecera en París.

Está enterrado na Coruña, no cemiterio de Santo Amaro.